Curriculum :: Reseñas

Visión (parcial) de Marga Crespo

O que cada espectador atopa na obra de arte, sexa ésta poema, pintura, escultura ou edificio, depende del mesmo. E pode coincidir ou non co que o artista quiso deixar nela. A resonancia que ese achado teña coa frecuencia de vibracióm propia provocará efectos de reforzo e amplificación (concordancia de fase) ou de amortiguación (oposición de fase). Cada quen, polo tanto, busca (e atopa ou non) o seu propio ser na obra do outro.


Por iso lle engado o de parcial ó título desta disgrasión, aínda que sexa entre parénteses. Por iso tamén podo dicir que Marga Crespo invoca para min, a través da súa obra, una serie de temas primixenios da Arquitectura –o recinto e o plano, cheo e baleiro, forma e espacio- que se me aparecen como insinuacións de ámbitos aptos para seren habitados.
Os temas e os títulos que escolle remiten por veces –pedras- a materiais fundacionais, firmitas, ou ben –caixas- ó sentido da utilitas que é inherente ás edificacións como contenedoras de actividade, busco de xeito consciente ou inconsciente cando me enfronto a elas.


Por veces son outras as suxerencias: Caixas son agora ensamblases rescatadas do obradoiro do carpinteiro ou do canteiro e abstraídas da súa inmediateza constructiva. Transformadas –venustas- en esculturas, presentan analíticamente a súa complexidade desenvolvéndose nos paradoxais xogos matemáticos dos infinitos contidos dentro da finitude.

Carlos Almunia Díaz, arquitecto
Catálogo de la exposición
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela, 1999